Por Salvador Seguí, líder anarco-sindicalista español (1886-1923)
Son numerosos os equívocos existentes sobre o significado e función do anarquismo e do sindicalismo que cómpre, que resulta necesario, desfacer.
Que é o Anarquismo. As ideas non son nada sen os homes que as crean e cren e, precisamente, porque son creadas polos homes, teñen consistencia e valor humano. No caso contrario nada serían, nada valerían. Calquera idea que non pase ou pasase por procesos de evolución non sería máis que pura elucubración mental. O Anarquismo debeu pasar por ese proceso evolutivo ata constituír o máis alto grao do pensamento humano.
Tódalas ideas, tanto as máis modestas como as máis desenvolvidas, seguiron dito proceso de evolución. Demóstrao o feito de que nin unha soa foi levada á práctica e plasmada na realidade na súa configuración primitiva, na súa integridade e pureza. Así ocurríu con tódalas concepcións filosóficas, económicas e políticas, e tamén coas nosas ideas. Incluso algunhas deixaron, no transo entre a súa concepción e realización, parte dos seus principios.
Agora ben. Canto con máis fe loitamos e máis íntegramente esté deseñada a loita, máis cedo e máis fácilmente acadará a realización das súas ideas. Pola contra, tardarán máis en se realizar canto máis indiferentes sexamos.
Pero tende en conta tamén, non o esquezades, porque o desengano sería funesto, que as ideas perden a integridade da súa concepción orixinaria, da mesma maneira que tódalas ideas se bifurcan, para poder llevalas á práctica, máis ou menos tarde, polos novos camiños abertos.
Unha idea pode dar lugar a novas concepcións ideolóxicas, a novas exposicións, pode ser motivo para crear organizacións que, baseándose na concepción espiritual da mesma idea, cree outras novas.
Que é o sindicalismo. Iso pasa co sindicalismo, porque o anarquismo da lugar ao sindicalismo como a base, a orientación económica do anarquismo.
A Anarquía non é un ideal de realización inmediata. Non hai límites de lugar nin de tempo para a súa implantación e, na orde das ideas, os homes non conseguirán dominala nunca.
Sendo a Anarquía a concepción ideal da vida humana non chegará nunca a acadar unha realización completa, porque é unha perfección tal do pensamento que necesita pasar polas fases do seu desenvolvemento definitivo.
Admitindo que o Anarquismo poida ser, co tempo, unha realidade, non dubidedes de que antes dara lugar á creación doutras concepcións e escolas. O Anarquismo non chegará a facer realidade toda a súa filosofía, sería tanto como limitalo, porque non ten unha orixe material, non nace nun punto para rematar noutro, senón que é propio da intelixencia e do sentimento, en definitiva, a suma das aspiracións humanas.
Históricamente o sindicalismo é fillo espiritual do anarquismo, é o resultante do proceso iniciado polos compañeiros da Internacional e é, na práctica, a arma, o instrumento do ideal anarquista para conseguir os seus obxectivos. O sindicalismo é, en definitiva, cerebro e brazo, pensamento e acción.
O obxectivo do sindicalismo é relevar, substituír os factores do capitalismo e a burguesía… Como agrupación natural dos elementos dunha mesma profesión, o sindicalismo non só substituirá os valores burgueses e capitalistas, senón que dará garantías de moralidade non aportadas ata agora por ningún réxime burgués.
A función do Sindicato. Non son os grupos políticos, nin as organizacións estatais, os que han organizar e regular a produción, senón que son os sindicatos os que van asumir esa función.
Nós non somos leninistas, porque non cremos que o Estado, por máis revolucionario e socialista que se autodenomine, sexa quen deba xestionar a produción. Os Sindicatos son os únicos que teñen solvencia para facelo, en primero lugar porque son más morais e, ademais, porque son tamén máis competentes.
A produción non pode estar en mans do Estado e, nin sequera, dos grupos anarquistas. Son os Sindicatos os que distribuirán e normalizarán a produción, o consumo e o cambio, é necesario que traslademos esta idea aos traballadores.
E cando os nosos desexos sexan unha realidade tanxible, cando os nosos esforzos revolucionarios culminen co triunfo do proletariado, cando o home pase de escravo a home libre, procuraremos que tódolos valores humanos teñan representación no Sindicato e tódolos homes teñan garantías de independencia e emancipación.
Teñamolo moi presente, porque do contrario serán vans os nosos esforzos. En Rusia triunfou a revolución política, pero non lograron vencer económicamente por non lle dar o poder aos sindicatos, entendendo o poder non para impoñer unha ditadura senón para regular a produción.
O sindicalismo é a garantía máis grande nun réxime proletario e para que iso sexa así necesitamos dunha amplia e profunda preparación.
O sindicalismo e a cuestión cultural. Temos outro problema interesantísimo que debe resolver o proletariado e refírome á cultura.
Temos que crear as nosas Universidades, os nosos Ateneos e se non podemos facelo, debemos aproveitar os da burguesía, eliminando o que consideremos negativo, perverso e inútil. Utilizaremos as cousas utilizables da burguesía e, mentras tanto, realizaremos definitivamente o noso proxecto.
E agora, amigos, deixádeme que nestas horas de dor, represión e esperanza luminosa, fagamos unha profesión de fe, de constancia na nosa loita e de confianza en nós e o noso futuro.
Hoxe el azar reuniunos neste cárcere. Mañá o deber volveranos reunir e sempre, hoxe e mañá, xuntos ou separados, elevaremos o corazón e o pensamento por enrriba de todo, e só así será posible o triunfo!
Dicíavos que debemos ter constancia no noso proxecto, porque si estes lixeiros accidentes da loita nos fixexen desfalcer, sería imposible a realización dos nosos ideais
Confianza en nós mesmos, o que significa honradez e seguridade na bondade do noso ideal, e non desesperemos, porque o calvario a percorrer ha ser longo!
[1]. Seguí xa levaba dous meses no castelo da Mola. Foi deportado polas súas actividades anarcosindicalistas en novembro deste mesmo ano e, canda a el, tamén foron encarcerados Lluís Companys, o tamén sindicalista Martí Barrera e outros 36 activistas.