Circular do Comité Central da Asociación Internacional de Traballadores de Xenebra, aos obreiros españois*

Por Mijaíl Bakunin

Irmáns!

O pobo español expulsou á raína Isabel; temos a convicción de que non aturará a restauración da monarquía.

Proclamará a República, baseada na federación de provincias autónomas, única forma de gobernó que, de modo transitorio e como medio para acadar unha organización social conforme á xustiza, depara serias garantías para a liberdade popular. 

Asestará así un golpe fatal ao poder autoritario e absorbente do Estado, dando a Europa un exemplo que non ha tardar en seguir. 

Vostedes mesmos, estimados amigos, vanlle dar vigorosamente a man ao cumprimento desa revolución que non debe ser soamente política, senón social, e aceptarán a que lles temos para que, dun lado ao outro de
Europa e América, o proletariado prepare as vías desa revolución universal que a maldade e a anarquía1 da civilización burguesa fan indispensable.

A liberdade que dá a revolución exclusivamente política é insuficiente para erguer ao pobo do nivel de inferioridade material e moral no que foi sistemáticamente mantido polos privilexiados de tódolos tempos. Que a clase obreira, que participou en tantas revolucións políticas, non esqueza xa esta verdade aprendida dos seus propios padecementos. 

A dúbida xa non se pode admitir: a liberdade sen igualdade política e sen igualdade económica é só un engano. O pobo suizo, que vive nunha república dende hai séculos, sinte todavía que a soa liberdade non muda as condicións de existencia dos traballadores de maneira eficaz.

A liberdade sen igualdade, só beneficia aos ricos. Nin pode nin debe ser considerada pola masa dos traballadores, (xa) que en tódalas épocas serviu de pedestal ao orguio dos burgueses e á explotación do capital, senón como un medio axeitado para facilitar a conquista da igualdade económica e social das clases e dos individuos. Só así nos pode ser una axuda proveitosa. 

A igualdade verdadeira que consiste en que tódolos individuos estexan en posesión dos mesmos dereitos, é decir, dispoñan dos capitais adquiridos polas xeracións pasadas, esa igualdade, a única que garante a cada un o primeiro e máis imprescindible de tódolos dereitos, o dereito a vivir, esa igualdade, digámolo, só pode ser obtida pola revolución social. 

Fagan, pois, a revolución social. 

Xamais a urxencia desa revolución foi tan vivamente sentida polos traballadores coma hoxe. Tódolos nosos dereitos son silenciados; sucumbimos antes de tempo por mor dos ataques da miseria; prívannos dos nosos dereitos á instrucción, á ciencia, á vida intelectual. Transformemos, pois, radicalmente o estado social. 

Nas repúblicas, coma nas monarquías, a lei foi feita ata o de agora soamente para garantir a protección dos privilexios económicos e sociais de quenes viven a expensas de nós. Reivindiquen, polo tanto, as reformas que a revolución únicamente política é incapaz de producir para o ben do pobo para o ben de todos. 

1 Anarquía ou desorde refire á civilización burguesa. Bakunin emprega a mesma palabra meses se son de orde la libertad o la anarquíaObras completas. Tomo I. Estatismo y anarquía, A Coruña, Editorial Imperdible, 2018, p. 239. 

—————————————

*Este texto foi escrito por Charles Perron membro da Internacional, propagandista bakuninista e cartógrafo, mais non por Bakunin. Como explica James Guillame:  Perron fue el redactor: Bakunini retocó el texto. L’Internationale o. c., 1, p.92