Anarquismo e organización no movemento obreiro galego

Por Eliseo Fernández

Palestra para a primeira sesión do Seminario de Estudos Libertarios Galegos
A Revolteira, 24 de febreiro de 2024.

—————————

O anarquismo é unha filosofía política dirixida á supresión do estado cara a unha sociedade sen amos nin autoridade

A anarquía é a máis alta expresión da orde

Eliseo Reclús

A anarquía está fundamentada na organización:

  • Organización horizontal
  • Organización sen autoridade, a través do libre acordo

A chegada do anarquismo na Galiza produciuse a través das correntes socialistas internacionais

Inicialmente foi unha aproximación intelectual: na Galiza destacaron Ramón de la Sagra, Antolín Faraldo, e través deles deuse a influencia no provincialismo e no republicanismo federal

Posteriormente foi tamén a través da expansión do sindicalismo por todo o mundo: a través da Asociación Internacional dos Traballadores

Implantación a través do movemento obreiro signficou que o anarquismo conectou cunha problemática real e arraigou en boa parte do mundo

O anarquismo pode intervir socialmente en moitos campos, e de feito o fai, aínda que historicamente foi o sindicalismo onde tivo unha actuación máis relevante e efectiva

Por máis de 50 anos de historia, o movemento obreiro de carácter anarcosindicalista estivo vencellado a tódalas conquistas da clase traballadora na Galiza 

Nos sectores onde tivo implantación producíronse evidentes beneficios para os traballadores e traballadoras.

O proceso foi producíndose de xeito sucesivo:

  • Chegada a través da AIT e a a súa rama en España, a FTRE
  • Sociedades vencelladas á FTRE en Galicia (A Coruña, Ferrol, Ourense) a partir de 1871
  • Conexión dun movemento internacional cunha problemática local.
  • Situación de exclusión da clase traballadora no marco do desenvolvemento industrial.
    • Exclusión total nos procesos de toma de decisións
    • Exclusión vida cultural e social
    • Exclusión pola lingua
    • Exclusión da muller, mesmo por parte do sindicalismo (baixos salarios das mulleres, vistos como competencia polo sindicalismo masculino)

Problemas sociais

  • Empobrecemento do mundo rural pola carga impositiva e o pagamento en diñeiro
    • Empobrecemento do mundo urbano pola explotación capitalista:
      • Longos horarios
      • Baixos salarios
      • Malas condicións laborais (seguridade, abusos,…)
      • Disolución dos lazos sociais do mundo rural e impotencia dos traballadores asalariados para defender os seus dereitos
    • Absoluta falta de dereitos sociais (folga, negociación colectiva,…)
    • Falta de dereitos individuais
      • Servizo militar obrigatorio

Diante destes problemas artellaronse diversas respostas:

  • Emigración
  • Agrarismo (intento anarquista a través da Unión Campesina)
  • Movemento obreiro
  • Movementos da liberación da muller
  • Antimilitarismo
  • Culturas alternativas

Progresiva consecución de melloras por medio do ativismo sindical:

  • Por exemplo, en 1933 os traballadores da Construción da CNT da Coruña fixeron unha folga dende agosto a decembro de 1933, pola xornada de seis horas, 36 semanais, prácticamente o que aínda hoxe estamos a reclamar. Os traballadores estaban a piques de ganala folga, pero a represión polo movemento insurreccional de decembro rematou coa folga. 
  • En 1933 os camareiros ferroláns loitaban pola redución da xornada, a abolición da propina e a participación nos beneficios empresariais.

Diferencias entre socialismo e anarquismo:

  • Estatismo-antiestatismo
  • Reformismo-revolución
  • Centralismo-federalismo
  • Acción directa-sindicalismo de base múltiple
  • Electoralismo-apoliticismo

Acción directa fronte á Acción indirecta implica tamén a necesidade de formación cultural de clase traballadora para servir de base para un movemento sindical consciente

O reto do anarquismo é o de crear poder popular fronte á simple toma do poder, ao estilo da Revolución Rusa

Implantación territorial na Galiza:

  • Foi moi forte na Coruña
  • Algo de forza en Ferrol, Santiago e Vigo, en competencia co socialismo
  • Implantación en vilas nas dúas (Betanzos, Vilagarcía, Marín, Tui, A Guarda, Lousame, Noia, Viveiro, Cariño, Monforte, Verín).
  • Implantación progresiva en todo o territorio galego no período republicano, mesmo no mundo agrario cos sindicatos agrarios y de oficios varios

Afiliación: oscilando entre os 11.000 de 1919 e os 33000 de 1936. En Coruña chegou a haber máis de 10.000 afiliados á CNT, en Ferrol case que 3.000, igual que en Vigo, e 1.500 en Santiago. En canto ás vilas, hai que destacar os 500 de Viveiro, 900 de Tui, 3.500 de Vilagarcía e 1.600 de Marín.

É un lugar común na bibliografía sobre o movemento anarcosindicalista a creación da CNT por influencia do sindicalismo revolucionario de raíz francesa

En realidade o anarquismo estivo en moitos lugares permanentemente conectado ao movemento sindical desde a década de 1870

  • Épocas de inclinación cara á propaganda polo feito
  • Épocas de retraemento causadas pola represión

Organizacións anarcosindicalistas na Galiza

Ata 1911 as organizacións adheridas ás diferentes Federacións a nivel español: F.R.E., F.T.R.E., O.A.R.E., F.R.E.S.R. (Federación que tivo a súa sede na Coruña en 1904-1905) 

A partires de 1911 organizacións a nivel galego: Solidaridad Obrera de Galicia, Confederación Regional Galaica da CNT en 1922)

Artellamento de Federacións de Industria na II República e perfeccionamento da estructura: Federación Regional de Industria Pesquera (xa viña dos anos 20, do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña), e Federación Regional Galaica da Industria da Alimentación e algúns sindicatos de Ramo na Alimentación, na Madeira, ou na Metalurxia,

Federación Regional de Industria Pesquera: 14.000 afiliados na Galiza en 1936, abranguía a maior parte da flota, influindo poderosamente na totalidade da costa pontevedresa, na Costa da Morte, na bisbarra da Coruña, en Cariño, Celeiro e algúns outros portos do cantábrico. 1200 afiliados en Cariño, 1700 en Vigo, 1200 en Moaña, 1.200 en Coruña, 1.500 en Santa Euxenia de Riveira, 500 en Pontedeume e 1000 en Marín. Abranguía todolos traballos relacionados coa pesca e as industrias conserveiras, polo que tiña unha forte influencia. Loita contra a pesca con dinamita. Orixe da Federación Nacional de Industria Pesquera, con galegos na formación de sindicatos en Euzkadi, Asturias, Andalucía.

Forte influencia nas organizacións mineiras: no Freixó, en Monforte (onde mantiveron unha folga de mais de dous anos de duración), en Vilaodrid (Lugo), en Viveiro, en Lousame. A presencia dos anarcosindicalistas nas minas e a abundancia de dinamita conseguíu alongar a resistencia ao levantamento militar nalgunhas zonas.

No campo: hai unha gran influencia cara a 1910 na bisbarra da Coruña, onde agroman unha multitude de sociedades agrarias vencelladas ao anarquismo, formando a Federación denominada “Unión Campesina”. A partires de 1913 esta influencia vai decaendo e rexurde na II República, co rexurdimento de sindicatos agrarios, que tamén aparecen no resto da Galiza, aínda que non se tiña estendido por todo o rural.

Organizacións anarquistas: Grupos Anarquistas  locais, que podían vencellarse a federacións como a Federación Anarquista Cántabra-Galaica cara a 1916, Regional Galaica da FAI, na II República.

Outras organizacións a nivel local:, Grupos Femininos, Grupos Xuvenís, Grupos Pro- Prensa, Comités Pro-Presos, Comités de Defensa Confederal, Comité Pro-Presos y Perseguidos Internacional en Vigo. 

Organismos culturais (entendíase que a mellora cultural do pobo levaría ao cambio social; por iso conviña formar ás novas xeracións, pero tamén ás persoas adultas para conseguir unha maior participación na toma de decisións): 

  • Centro de Estudios Sociales Germinal da Coruña, cunha importantísima biblioteca, de máis de 10.000 volumes, e na que colaboraron importantes persoeiros do republicanismo coruñés. Centro de Estudio Sociales Floreal en Ferrol, que fracasou. Antorcha Galaica del Librepensamiento da Coruña.
  • Ateneos libertarios e de Divulgación Social: en Vigo, Santiago, Ourense, Monforte, Vilagarcía, A Guarda, na bisbarra de Coruña, o Grupo de Educación Libertaria de Sada.
  • Participación noutras actividades culturais non especificamente anarquistas.

Escolas: 

  • Escola da Antorcha Galaica do Librepensamiento
  • Escuela Integral para nenas de Luisa Elizalde
  • Escuela “La Luz” de Joaquín Patricio Patiño
  • Escuela do “Despertar Marítimo”, co mestre francés Gastón Leval, e fundada con cartos procedentes dun roubo ao Banco de España de Gijón, realizado polo anarquista leonés Buenaventura Durruti.
  • Escuela Racionalista de Ferrol na II República, dirixida polo matemático Francisco Iturralde
  • Proxecto de Universidade Popular de Francisco Iturralde
  • Escola Racionalista de Lugo 

Publicacións:

  • Xornais: Hai unha continuidade na existencia dun semanario anarcosindicalista galego dende 1880 (La Lucha Obrera, El Corsario, Germinal, La Voz del Obrero, Solidaridad Obrera, Despertad, Solidaridad Obrera, Solidaridad).
  • Ademáis hai órganos locais (La Unión Obrera, Luz al Obrero, Cultura Libertaria, La Batalla Sindicalista, La Lucha e novamente Cultura Poletaria en Ferrol)
  • Hai xornais de carácter sectorial (La Cuña, Mar y Tierra, El Luchador Ferroviario, Orientación, Germinal) 
  • Tamén xornais anarquistas (Tierra, Brazo y Cerebro)
  • Publicación de olletos e libros: editoriais como a Biblioteca El Corsario, Biblioteca El Sol, Biblioteca Juventud Libertaria, Biblioteca La Internacional. Moitas obras editadas na Tipografía Obrera Coruñesa, fundada polos tipografos anarcosindicalistas.

Produciuse un forte vencello coa emigración (constante do movemento libertario, orixinado polo antimilitarismo, falta de traballo para os obreiros máis reivindicativos, esperanzas nas repúblicas americanas:

Juan Bautista Pérez, redactor do xornal anarquista de Ferrol “La Unión Obrera”, colaborador de “El Corsario”, militante anarquista en Argentina e Brasil.

Santiago Iglesias Pantín, coruñés, fundador da Confederación de Traballadores de Cuba no Centro Galego da Habana e posteriormente fundador do Partido Socialista de Puerto Rico.

Os ferroláns José López Bouza e Constante Cabado, membros destacados da FORA Argentina, ao igual que Antonio Loredo, Joaquín Hucha e miles de militantes anónimos. Quizais o máis coñecido deles Antonio Soto, ainda que non hai que olvidar a tres galegos Gayoso, Ares e Montero, condenados a morte nos anos 20 e posteriormente amnistiados.

Adrián Troitiño, figura sobranceira do movemento obreiro no Uruguay.

Román Delgado, Jesús Iglesias Janeiro militaron en Cuba, Estados Unidos e México

Juan Martínez “Xan da Graña”, organizador dos fogueiros do Caribe e fundador de varios xornais anarquistas en Estados Unidos.

Conflictividade:

Folga xeral de 1901, pola represión contra a folga dos traballadores de consumos

Folgas no inicio de século na Coruña, que trouxeron os primeiros convenios e a xornada de 8 horas

Folga da pa, durante dous meses en Ferrol, unha semana na Coruña, en solidariedade cos ferroláns

Folga xeral do verán de 1932, en toda Galiza, en solidariedade cos traballadores de Ferrol. Oposición dos socialistas vigueses á folga xeral. Organización da solidariedade 

Folga dos traballadores da Industria Pesqueira, na zona de Vigo, no inicio da II República

Folga da Construción na Coruña a finais de 1933

Folga en Cariño no verán de 1934

Outras actividades:

Antimilitarismo: Congreso da Paz de Ferrol, en 1915, organizado polo Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol.

Os primeiros insubmisos da Galiza xurdiron no período da II República

Organización das mulleres

Unha aposta teórica pola liberación da muller ao tempo que a do home

Na realidade, houbo unha certa resistencia á participación feminina no sindicalismo

O traballo feminino víase como unha competencia (menos salarios, máis flexibilidade, menos organización sindical)

Progresivamente as mulleres foron incorporándose ao mundo sindicalismo

Crearon tamén grupos femininos libertarios (Grupo Antorcha Libertaria en Ferrol na década de 1910)

Eclosión do sindicalismo feminino a partir das movilizacións polo encarecemento das subsistencias nos anos da I Guerra Mundial, lideradas por mulleres

Primeiro había sindicatos de maioría feminina tutelados por homes

Progresivamente as mulleres coparon as directivas dos sindicatos ou seccións de maioría de man de obra feminina

Progresos xerais da muller en todos os campos con participación libertaria

Influencia do anarquismo na Galiza (fora do ámbito sindical, especialmente no eido cultural):

O poeta Manuel Antonio, que amosaba na súa correspondencia as súas simpatías polo anarcosindicalismo.

O doutor Novoa Santos, forxado nos ambientes do anarcosindicalismo coruñés, como o futuro deputado Emilio González López e, máis adiante, o cantante Pucho Boedo, fillo dun anarquista coruñés asasinado en 1936.

O escritor Julio Camba, expulsado da Argentina pola súa militancia anarquista cara a 1910.

O escritor Silvio Santiago, autor dos libros “Vilardevós” e “El silencio redimido” 

Os álbums de Castelao “Milicianos” e “Atila en Galicia” foron editados polas Oficinas de Propaganda da CNT-FAI.

A obra de Gonzalo Torrente Ballester “Los gozos y las sombras” reflicte a actividade dos anarcosindicalistas mariñeiros.

Algunhas notas sobre a historia do anarquismo na Galiza

O anarquismo ten diversas vías polas que intervir socialmente

Históricamente, foi a través do sindicalismo como conseguiu promover cambios sociais

A participación no movemento sindical non significou a renuncia a atividade noutros campos

O anarquismo galego foi un movemento plural e pegado á realidade propia da Galiza, pragmático e heterodoxo

A súa desaparición no franquismo foi a costa do asasinato de centos de militantes, do encarceramento e o exilio de moitas persoas que tentaron manter o seu compromiso

Históricamente, desde a década de 1870, o anarquismo desapareceu pola acción represiva das autoridades, mais xurdiu novamente para continuar promovendo cambios na direción dun mundo máis xusto e igualitario