Este sábado imos coa segunda sesión do Seminario de Estudos Libertarios Galegos
Como sempre, na Revolteira (R/Falperra, 13), pero desta volta no soto (no baixo celebraránse en paralelo as xornadas Diska Kuir)
10’30: Unha conversa entre Ana Romero e Eva Loureiro sobre o papel das mulleres no movemento obreiro coruñés de preguerra
12’00: Luis G. Reyes e Begoña de Bernardo falarán sobre o ecosindicalismo
14’00: Xantar vegano
16’00: Jose Luis Carretero falará sobre o estado actual do anarcosindicalismo na Península Ibérica
18’00: Mike Gómez (@blackSpartak) nos falará da historia e o presente na relación entre anarcosindicalismo e movementos sociais
20’00: Rematamos sumándonos ao concerto de O Rabelo, que organizan na mesma Revolteira as compas de Diska Kuir

